Título orixinal: O exército de fume
Ano: 2018
Editorial: Xerais
Ano: 2018
Editorial: Xerais
N'O exército de fume Manuel Gago crea unha novela que mestura historia e ficción. Ambientada na Galiza de 1942 e a través dunha mestra de escola, un guerrilleiro que segue a loitar contra os franquistas e un pintor; argalla unha historia chea de ideais, traizóns, lealdades, desenganos e, sobre todo, loita. Loita entre nazis e aliados polo control da costa atlántica europea e loita contra o réxime de Franco.
Ao comezo da novela o autor presenta a varios personaxes que semellan non ter nada en común pero que, aos poucos, van acabar por convertirse en esenciais para as súas vidas. Incluso sen sabelo ou chegar a coñecérense uns aos outros.
Por un lado temos unha mestra de escola que acaba de chegar á vila e á que todos respetan por ser "unha señorita de cidade". A través dos seus ollos vemos unhas extrañas manobras de avións militares na costa e dámonos de conta de que a zona non é tan tranquila como parece nun primeiro momento.
Tamén coñecemos a vida dun guerrilleiro e os seus compañeiros. Non só como eles seguen loitando contra franquistas e vingando os asasinatos cometidos nas vilas da comarca durante a guerra senón tamén como os ve a maioría da xente das vilas e como os axudan ou a lo menos calan o que saben sobre eles. Unha forma de rebelarse contra a nova orde establecida.
Por outra banda tamén temos a un pintor, non demasiado exitoso, ao que uns alemáns contratan para realizar unha obra e que axuda a amosar a vida que levaban e a cantidade de alemáns que por aqueles tempos vivían en Galiza.
Dende o principio o lector sabe que os nazis andan argallando algo en Galiza, pero non sabe o qué. Pouco a pouco e dende o punto de vista de diferentes personaxes imos completando esta información.
O exército de fume é un libro que fala dunha guerra soterrada. Sen tanques e batallas multitudinarias, pero chea de loitas a pequena escala. A unha zona na que os guerrilleiros aínda non deran por rematada a Guerra Civil tamén chega, de forma escondida e silandeira, a Segunda Guerra Mundial.
Malia que as aventuras que se contan na novela sexan ficticias, si que se representa unha realidade que se viviu naquel tempo e que ao longo de moitos anos foi escondida e case que olvidada. Manuel Gago envolve ese coñecemento nunha aventura chea de acción sen esquecer outorgar aos personaxes profundidade, caracter e desarrollar relacións entre eles dunha forma moi interesante e que fai que aumente aínda máis a tensión da acción.
Un libro que recomendo e que se fai curto grazas ao áxil da narración e aos capítulos de poucas páxinas que narradores.

O exército de fume - Manuel Gago
Reviewed by Silvia
on
16:00
Rating:
No hay comentarios: