A fiestra valdeira - Rafael Dieste

Título orixinal: A fiestra valdeira
Ano: 1927
Editorial: Edicións do Castro
Tradutor: --
Páxinas: 115
Ficha en Goodreads | Ver en Amazon

A fiestra valdeira é a primeira obra teatral de Rafael Dieste. Publicada por primeira vez en 1927, estreouse en Rianxo en decembro de 1935 e, como curiosidade, esa representación foi dirixida por Castelao que tamén actuou como protagonista.

A obra protagonízaa Don Miguel, un mariñeiro que tivo a sorte de facer cartos en América e cuxo retrato desencadea a acción. Ao comezo da historia o cadro esta a piques de ser rematado e nel vese a Don Miguel e tamén a fiestra do salón pola que se ve o peirao da vila. Complícase todo cando Doña Balbina, a súa muller, expresa a súa arela de mudar esa paisaxe mariñeira da fiestra por a duns xardíns señoriais coma se quisexe virarlle as costas ás orixes do seu home.

Precisamente este é o tema principal da obra. Don Miguel queda atrapado entre dous bandos: os seus compañeiros mariñeiros e o pintor, que defenden deixar as cousas tal como están; e a súa filla e Doña Balbina, que pretenden trocar o fondo.

Malia ser unha obra moi sinxela, dende o principio amosa ese carácter propio da xente do mar, algo comprensible tendo en conta que Rafael Dieste é de Rianxo, e consegue amosar a personalidade de cada un dos personaxes de maneira maxistral. Nun par de páxinas xa comprendes como é o carácter de cadaquén.

A fiestra valdeira mellora co que cala xa que, como na vida, os feitos falan por si sós e ás veces non fan falla verbas para entenderse.


A fiestra valdeira - Rafael Dieste A fiestra valdeira - Rafael Dieste Reviewed by Silvia on 12:30 Rating: 5

5 comentarios:

  1. Ayy, como no es mi género, no me llama la atención. Un besito flor

    ResponderEliminar
  2. No me llama la atención, la verdad.
    Un Beso.
    Radioactive Books (Cadena de Comentarios)

    ResponderEliminar
  3. Hola
    No me llama mucho la atención, por lo que lo dejó pasar.
    Saludos

    ResponderEliminar
  4. Puta muerda de libro coño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tienes razón. Tengo el examen en una hora y me está rallando demasiado.


      Puta mierda

      Eliminar

Con la tecnología de Blogger.