Título orixinal: Cabalos e lobos
Ano: 2015
Editorial: Xerais
Ano: 2015
Editorial: Xerais
Cabalos e lobos é unha novela que remove os segredos máis escuros do pasado dos Beckmann, unha familia alemá asentada en Vigo despois da I Guerra Mundial e fiel representante da sociedade alemá daquel tempo na cidade.
Paula, a herdeira desta familia, non pode esquecer tódolos silencios e misterios que arrodean á súa vida familiar dende que sendo rapaza abrira os ollos grazas a un extraño suceso. Agora, xa adulta e con un fillo, Paula quere desvelar toda esa historia e coñecer mellos aos seus devanceiros.
Ao longo da novela, cóntanse moitos sucesos da historia familiar dende a súa chegada a Vigo antes da II Guerra Mundial ata o presente, polo que coñecemos como viviron os Beckmann algúns momentos históricos. Malia viviren en Galiza, e polo tanto ter máis peso a Guerra Civil ou a ditadura que a seguiu, tamén coñecemos algunhas cousas sucedidas na Alemaña nazi e que teñen relación coa familia.
A novela abrangue un espazo moi amplio de tempo polo que non só coñecemos a Paula, que quere destecer os fíos da historia dos seus antergos para poder contárllela ao seu fillo Thomas, senón tamén a Gloria e Álvaro Beckmann, nai e tío de Paula e fillos do matrimonio Beckmann que decidiu deixar Alemaña para instalárense en Vigo. Como non podía ser doutro xeito, tanto este matrimonio emigrado como o pai de Paula aparecen tamén como personaxes na novela.
En canto ao estilo, o libro está escrito dunha forma moi orixinal. Os capítulos están escritos de formas moi distintas e a pesar diso o autor consegue darlles unha unidade dentro de todas esas diferenzas, amáis son curtos e todo isto fai a lectura amena aínda que hai que recoñecer que custa un pouco engancharse á historia.
O por que? A novela pode dividirse en dúas partes: unha primeira na que se coñecen un pouco os feitos importantes na historia da familia e o lector comeza a ver por que Paula ten a sensación de que hai algo que non lle contan e unha segunda parte na que se desvela o misterio e coñecemos toda a verdade. Pois ben, nesa primeira parte os feitos que se contan non están ordeados de forma cronolóxica e por iso hai que por un pouco de atención para situarse.
En resumo, Cabalos e lobos é unha novela moi interesante que mellora co pasar das páxinas, cun final que non desmerece e cun estilo diferente e orixinal. Unha historia realista sobre segredos familiares recomendadísima na que Vigo, como telón de fondo, está constantemente presente e na que se pon en valor o pasado desta cidade industrial na súa época de maior crecemento.

Cabalos e lobos - Fran P. Lorenzo
Reviewed by Silvia
on
11:30
Rating:
¡Qué interesante! Directo a mi lista de TBR.
ResponderEliminarUn beso :)
¡Hola!
ResponderEliminarMe ha gustado muchísimo la entrada, la verdad que se ve el libro muy interesante,
apuntado queda!.
Que tengas un buen día, un beso ;).
Hola
ResponderEliminarLuego voy por el traductor, ahora estoy desde el teléfono y no entiendo nada XD
Saludos
Buenas! Ni lo conocía ^^ Gracias por la reseña <3
ResponderEliminarMe lo apunto sin dudar!!!
ResponderEliminar(le di a enviar sin querer xDD)
ResponderEliminarPues eso, de cabeza... porque me has dejado con muchas ganas de leerlo y eso de que ande la I Guerra Mundial es otro punto a favor y más original porque (casi) siempre sale más la II