Hoxe é o Día das Letras Galegas e, que mellor forma de celebralo que cantando algúns poemas? Sí, sí. Cantando. Para celebrar o día da nosa literatura traio unha seleccións de cancións que adaptan distintos poemas. Tentei escoller distintos artistas e estilos, ogallá vos guste!
Lúa de prata.
É case que obrigado comezar con esta canción que o grupo Fuxan os ventos lanzou adaptando o poema 'Cantiga' da escritora homenaxeada este ano: María Victoria Moreno.
Lela.
Na obra 'Os vellos non deben de namorarse' de Castelao o boticario Saturio adica estes versos á súa namorada de nombre Lela. A canción fíxose moi coñecida grazas á versión de Dulce Pontes e Carlos Núñez.
Negra sombra.
'Cando penso que te fuches' é un dos poemas máis coñecidos da más recoñecida escritora galega, Rosalía de Castro. A canción tamén é moi famosa e aínda que hai moreas de versións nas que escoller, déixovos coa de Luz Casal e Carlos Núñez.
Quen puidera namorala.
Quen puidera namorala é o título que se lle deu á canción que musica o poema 'O niño novo do vento' de Álvaro Cunqueiro. De novo hai varias versións dende que en 1975 Luis Emilio Batallán o musicou, entre elas o cantante Xoel López.
Deitado frente ao mar
'Deitado frente ao mar' é un poema do coñecido escritor Celso Emilio Ferreiro. Esta urbana versión é do grupo Dios ke te crew.
María Soliña
A historia de María Soliño é moi coñecida en toda Galiza malia que non se conservan demasiados datos sobre ela. Foi xulgada pola Santa Inquisición e despois de varias torturas confesou ser meiga. Esta non é a única canción que fala da súa historia, pero é probablemente a máis coñecida e a que adapta o poema do escritor Celso Emilio Ferreiro.
Unha noite na eira do trigo
É probable que sexa unha das cancións máis coñecidas desta listaxe. Hai múltiples versións e pode considerarse case que unha canción popular, pero non debemos esquecer que a letra orixinal é un poema de Curros Enríquez un dos autores responsables do Rexurdimento galego.
Unha vez tiven un cravo
De novo é quenda de Rosalía. Un dos seus poemas máis fermosos, 'Unha vez tiven un cravo' tamén ten a súa versión musical. Esta versión é de O val das mouras, un grupo que basea toda a súa producción musical nos poemas de Rosalía de Castro.
Muller
'Muller' é un poema da escritora Marica Campo que trata un dos temas máis recurrentes da literatura galega: a emigración. Esta versión é do grupo cangués Astarot. Un grupo que ten verisóns máis "rockeiras" de moitas das cancións das que vos falei.
Os pinos
Falando de poemas convertidos en cancións non podemos evitar falar de 'Os pinos', o poema de Eduardo Pondal que pon letra ao himno galego.
Poemas galegos convertidos en cancións
Reviewed by Silvia
on
18:00
Rating: 5
Hola Creo que fuera del español y el ingles mis contactos con otros idiomas son de cero (bueno, veo anime que esta en japones, pero hablarlo y entenderlo nada de nada) así que he disfrutado esta entrada, ¡gracias! Besos
Hola! Feliz día de las letras gallegas aunque llego algo tarde! jeje es curioso que los hayan convertido en canción pero me ha gustado escucharlos ^^ Un beso!
Hola
ResponderEliminarCreo que fuera del español y el ingles mis contactos con otros idiomas son de cero (bueno, veo anime que esta en japones, pero hablarlo y entenderlo nada de nada) así que he disfrutado esta entrada, ¡gracias!
Besos
hola,
ResponderEliminarpues muchas gracias por compartirlos. No se gallego pero se comprenden bien muchas cosas
besotes
Hola!
ResponderEliminarFeliz día de las letras gallegas aunque llego algo tarde! jeje es curioso que los hayan convertido en canción pero me ha gustado escucharlos ^^
Un beso!
hola! que entrada originalisima, gracias por las hermosas canciones!! un placer, saludoabuhos
ResponderEliminar¡Que simpáticos! Alguno si los conocía, por la zona donde vivo :)
ResponderEliminar