Título orixinal: A noite branca
Ano: 2012
Editorial: Xerais
Ano: 2012
Editorial: Xerais
Unha lata de marmelo chea de cartas, postais, fotos e papeis pertencentes á súa tía avoa María Luisa fai que Marcos, escritor de profesión, comece a investigar sobre Alfredo, fillo de María Luisa, quen viaxou coma voluntario ata Rusia na División Azul e que escribiu as cartas gardadas.
A noite branca ten catro voces narrativas que nos achegan de distinto modo a Alfredo, describíndoo mediante as observacións e expresións que os demáis fan del. Podemos ler anacos da vida de varias persoas que se cruzaron coa súa vida na fronte: compañeiros, prisioneiros rusos, oficiais alemáns... Tamén monólogos nos que María Luisa, a súa nai, repasa xa de vella a súa vida; as cartas que Alfredo enviou aos seus pais dente Rusia durante a contenda; e os progresos que Marcos fai na súa investigación, cuxa principal fonte de información son os recordos da súa nai sobre a familia.
Aínda que as vivencias de Alfredo na guerra son a excusa para que Marcos comece a indagar no pasado familiar é María Luisa, a súa nai, quen sostén gran parte da novela. Dela coñecemos a súa forma de pensar, a súa vida, mesmo antes de ter ao seu fillo; e a situación na que se atopaban despois da Guerra Civil e que en certo modo empurrou a Alfredo a alistarse como voluntario dunha causa na que tal vez non cría. O poder ler as súas propias verbas e tamén a imaxe que dela teñen os seus familiares para comparalas sirve como advertencia de que as descripcións que varios personaxes fan de Alfredo non son verdades absolutas, o que o rodea de ambigüidade e misterio.
Na novela pódese ver a dureza e os sentimentos humanos que xorden tanto na guerra (no caso da fronte rusa) como durante a posguerra (se falamos da Galiza desta historia). Francisco Fernández Naval tamén coida moito a ambientación procurando reproducir coa maior fidelidade posible a linguaxe dos personaxes e os comportamentos socialmente aceptados en cada época.
En resumen, A noite branca seméllame unha novela escrita con moito tino e cunha boa historia malia que o estilo dunha das voces narrativas non me convence, detalle que fixo que en cada capítulo (en cada un dos capítulos da novela aparecen as catro voces) tivese un pequeno baixón de interese.

A noite branca - Francisco X. Fernández Naval
Reviewed by Silvia
on
19:03
Rating:
No hay comentarios: