Título orixinal: Merlín e familia
Ano: 1955
Editorial: Galaxia
Ano: 1955
Editorial: Galaxia
Merlín e familia foi a primeira obra narrativa que publicou Álvaro Cunqueiro, publicouse en 1955 aínda que Cunqueiro comezou a súa escrita en 1953, e supuxo unha renovación da literatura galega xa que trala Guerra Civil a literatura galega mantívose maioritariamente dende o exilio.
En Merlín e familia un Felipe de Amancia xa vello lembra a súa xuventude servindo ao mago Merlín en Miranda. Conta as visitas que máis o marcaron de todas as que tentaban atopar unha solución aos seus problemas acudindo a Merlín. Estes personaxes, algúns deles tamén persoeiros, son estraños, únicos e máxicos e teñen arelas que non sempre Merlín pode satisfacer.
O libro está dividido en dúas partes. Na primeira os casos que conta Felipe poden considerarse case relatos independentes xa que son lembranzas que non teñen nada en común máis que a estrutura de que alguén chega a Miranda para pedirlle axuda ao mago Merlín, ben é certo que alúns personaxes aparecen en máis dunha ocasión (amais dos habitantes da casa de Miranda). Na segunda parte, as historias están máis ligadas, xa non son vivencias máxicas que Felipe presenciou senón historias que un terceiro lle contou.
Algúns dos casos que Merlín axuda a solventar gústaronme moito mentres que outros non chegaron a atraparme da mesma maneira xa por non me parecer interesantes o por non empatizar co personaxe que acude ao mago. Non é que non quixera que todo se resolvese felizmente senón que non me importaba nin un chisco se conseguían ou non o que se propuñan.
Esperaba outra cousa deste libro e é certo que non todas as historias me gustaron pero aínda así gozei moito dos capítulos que sí lograron engancharme, hei de dicir que foron a maioría, e malia que ao comezo a linguaxe do autor fixo que me costara un pouco entrar na historia logo non puiden parar de ler ata que o rematei.

Merlín e familia - Álvaro Cunqueiro
Reviewed by Silvia
on
20:00
Rating:
No hay comentarios: