Os días pasados, as nubes que os cobren, os outros pensamentos que me van e ven, i a vida que levo pousada en min, ben poidera comparala coa neve que cae de mansiño, e póndose por alfombra diste mundo, tapa leiras e camiños, prados i airas, e da terra nosa fai unha longa chaira igoal. Pro, por veces, brinca o solciño raiolán, dunha lembranza de xuventú, e nalgún logar derrete a neve, i é coma si na soedade do mundo un pasaxeiro descoñecido alcendese unha pequena fogueira, e ti vas e por unha hora arrequéntaste a ela...
[168] Merlín e familia (Álvaro Cunqueiro)
Reviewed by Silvia
on
20:00
Rating:
No hay comentarios: