Título original: Cousas
Año: 1926
Editorial: Galaxia
Año: 1926
Editorial: Galaxia
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos autores máis recoñecidos da literatura galega, publicou en 1926 esta escolma de textos e acompañounos de cadansúa imaxe. O libro componse de máis de corenta destes breves relatos que adoitan falar de campesiños ou mariñeiros denunciando a súa situación.
Como ocorre con calquera escolma, xa sexa de relatos ou poemas, non é doado facer unha recensión do libro en conxunto xa que hai difenerzas de todo tipo entre os textos que o compoñen. Algúns textos como Chámanlle a “Marquesiña” ou Se eu fose autor, entre outros, falan das distintas clases sociais e do lugar e trato que se lle daba ao campesiñado nese orde social; en O pai de Migueliño, Unha rúa nun porto lonxano ou Foi por seguir os mandados dun amor o autor trata un dos temas por excelencia da literatura galega, a emigración; noutros casos céntrase en situacións cotiás de calquera vila galega, xa sexa mariñeira ou non, como en O “Rifante”, O vello Saramaguiño ou No mar había un afogado; e tanto a incultura como a superstición do pobo ten o seu oco en textos como Aínda eu non nascera, Todos canto sabían algo da historia da vila, Camiño esquecido… Amais, Castelao aborda en ocasións temas máis macabros e inquietantes en relatos como Na cova dos Carcamáns ou Cando eu era rapaz.
Emocioneime, rin e chorei con este libro que se lee en moi pouco tempo. Recomendadísimo
Cousas - Castelao
Reviewed by Silvia
on
11:00
Rating:
No hay comentarios: