Título orixinal: The Evolution of Calpurnia Tate
Ano: 2009
Editorial: Kalandraka
Ano: 2009
Editorial: Kalandraka
A evolución de Calpurnia Tate conta a conmovedora historia dunha rapariga que nun verán abafante descobre unha nova forma de comprender o mundo. Calpurnia é a única moza de seis irmáns e séntese diferente deles, pero tamén das outras nenas do seu tempo, 1899. É nese momento cando Calpurnia comeza a observar o mundo que a rodea, os saltóns, os sapoconchos, as salamántigas ou os bagalumes, e a preguntarse o por qué de moitas cousas. Grazas a este novo interese pola natureza Calpurnia e o seu avó inician unha relación moito máis estreita da que ata o de agora tiveran.
Nesta historia o lector presencia como Calpurnia abre os ollos ao mundo que a rodea e non so aprende sobre ciencias naturais senón tamén sobre a sociedade na que lle tocou vivir e que non entende. A esta rapariga enamoriscada coa ciencia dánselle realmente mal e non lle interesan para nada todas as tarefas do fogar que a súa nai insiste en ensinarlle, como bordar, calcetar ou cociñar; e non atopa motivo para xustificar que a obriguen a adicar o seu tempo a esas tarefas mentres os seus irmáns son libres de facer o que lles apetece.
A autora sitúa a novela nun tempo cheo de cambios, non hay máis que ver as distintas opinións sobre A teoría das especies de Darwin que teñen os personaxes. Esta época, personalmente, fascíname xa que os descubrimentos, non só científicos senón en tódolos ámbitos imaxinables, estaban á orde do día e calquera cousa semellaba posible. Calpurnia está a piques de entrar nun novo século e malia ter só dez anos representa moi ben o drástico cambio de mentalidade que se deu na sociedade daqueles tempos.
A nosa protagonista non está soa, o seu avó é un home moderno, ao tanto das novas ideas e dos descubrimentos máis recentes e que non se deixa levar polos prexuízos. E déixao moi claro nunha das frases que pronuncia ao longo da novela cando se refire a Calpurnia como "o meu único neto".
A evolución de Calpurnia Tate tenta representar a través das vivencias desta rapariga e da súa familia ao longo do verán todos eses cambios que se produciron nesta apaixoante época da historia sen representar ningún debate ou reunión de intelectuais tan comúns por aquel entonces. E conségueo. Unha historia altamente recomendable.

A evolución de Calpurnia Tate - Jacqueline Kelly [Saga Calpurnia Tate #1]
Reviewed by Silvia
on
16:00
Rating:
Hola! No me llama mucho pero gracias por la reseña! Bsos ^^
ResponderEliminarHola guapaaa te he nominado a un premio ^^
ResponderEliminarhttp://katherinathoughts.blogspot.com.es/2015/03/mas-premios-acumulados.html
Un besazo
Ola! Unha moi boa reseña. Hai tempo que lle botei o ollo a este libro e téñolle bastantes ganas.
ResponderEliminarApertas.
http://abracalibro.blogspot.com