Título orixinal: Ceiba de luz
Ano: 2017
Editorial: Xerais
Ano: 2017
Editorial: Xerais
Ceiba de luz é a novela gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil do ano 2017 e fálanos da viaxe que o grupo de protagonistas fai a través da selva amazónica do Perú na procura do Eldorado.
Despois de atopar nunha tenda de antigüidades unha estatuíña que semella pertencer a unha antiga civilización da que apenas se teñen arquivos un grupo de estudosos de distintas universidades de España xunto con enviados polo goberno do Perú adéntranse na selva co obxectivo de atopar o rastro desta antiga civilización perdida.
Teño que dicir que esperaba moito máis desta novela. Unha historia ambientada nun lugar interesante na procura dun pobo do que falan moitas lendas e que ten como exe central un grupo de dezaoito persoas de distintos lugares que se ven sós na inmensidade da selva. Ademáis, vése pronto que a viaxe non vai ser doada e que pode presentirse que vai acontecer algo que o cambie todo.
Un dos principais problemas que tiven na lectura foi que dende moi cedo na historia sabía que algo ocorrería, pero as páxinas pasaban e pasaban sen que o grupo fixera outra cousa que avanzar pola selva e interactuar entre eles. Eso sí, unha vez (case mediada a novela) comezan a xurdir misterios e segredos a novela vólvese moito máis interesante. Un interese que non deixa de medrar ata o desenlace no que o lector xa non pode deixar de ler.
Coido que ese desinterese da primeira parte da novela se debe a que non conectei con ningunha das personaxes principais. Todos teñen unha personalidade moi marcada e tan distintiva que chega a non parecer realista senón caricaturizacións e por iso non me importaban as relacións que se establecían entre eles. E moito menos con aqueles personaxes con comportamentos censurábeis como o racismo.
Como xa comentei antes, unha vez comeza a acción a novela resulta cada vez máis aditiva e o ritmo acelérase cada vez máis ata un final cun xiro de cento oitenta graos que cambia por completo a concepción que o lector se fixera da novela ata ese momento. Un final que non me gustou, pero que recoñezo que é moi valente e que te deixa apampado e sen saber moi ben qué pensar. É unha merda ou unha xenialidade? Cadaquén debe responder a esta pregunta segundo o seu gusto persoal.
En xeral non é un libro que recomendaría para todo o mundo aínda que merece a pena ler a novela sólo para poder comentarla. É un deses libros "feitos para lecturas conxuntas". Eses que, gústenche ou non, queres comentalos con alguén unha vez rematados.

Ceiba de luz - M. Lourenzo González
Reviewed by Silvia
on
13:30
Rating:
Hola corazón, esta vez solo te vengoa saludar porque me parece que este libro y yo no nos vamos a entender.
ResponderEliminarUn bes❤