Título orixinal: Retrincos. Un ollo de vidro
Ano: 1934+1922
Editorial: Galaxia
Ano: 1934+1922
Editorial: Galaxia
Neste libro podemos atopar dúas obras curtas que Castelao publicou independentemente. Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete editouse en 1922 grazas á Editorial Céltiga. Nela, o narrador conta como chegaron a el as memorias que un esquelete escribiu grazas ao seu ollo de vidro, que lle permitía ver despois de morto, e podemos ler o manuscrito do finado.
Por outro lado, Retrincos é unha colección de cinco relatos breves dos cales tres xa apareceran en revistas antes da súa publicación conxunta en 1934. Tódolos contos son anécdotas da vida do autor dende a súa infancia en Arxentina ata a súa época de diputado xa de volta en Galiza.
Retrincos componse de relatos sinxelos tanto na súa escrita como nos feitos que narran pero fan que vexas a vida dunha forma distinta, ou alomenos que reflexiones. Castelao recolle eses "momentos Eureka" que todos temos ao longo da vida. Sen dúbida, O retrato é o meu favorito mentres que Sabela é o que menos me gustou.
No tocante a Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete só podo dicir que non é un texto escuro e tétrico como pode semellar a simple vista senon que está escrito con humor. Estando vivo, o esquelete protagonista perde un ollo e colócanlle un de vidro que, aínda que inútil en vida, unha vez morto e enterrado permítelle ver, cousa que non poden facer o resto dos esqueletes xa que teñen as cuncas dos ollos valeiras. As memorias deste peculiar finado compóñense de recordos e situacións vividas totalmente independentes entre sí salvo polo personaxe principal e nas que o autor inclúe temas como a defensa do galego ou a denuncia dos caciques.
Retrincos. Un ollo de vidro - Castelao
Reviewed by Silvia
on
16:30
Rating:
No hay comentarios: