Tríadas: Libros de menos de 150 páxinas [Gal]

Como xa fixen hai uns días en castelán, hoxe vou recomendar tres libros que agochan moito en poucas verbas, os libros de menos de 150 páxinas que máis me gustaron dos que lin en galego.

Cousas - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Non serei eu quen veña agora a descubrir a Castelao, un dos autores e intelectuais galegos máis importantes de Galiza, pero estas 'Cousas' que se recopilan neste libriño reflicten e mesmo denuncian moitas situacións da Galiza rural daquel tempo.

Lin esta compilación de breves escritos a carón de cadanseu debuxo feito polo propio Castelao hai ben pouco e disfruteino moitísimo. Converteuso nun dos meus libros favoritos malia non ser unha novela.



Enderezo descoñecido - Kressmann Taylor

Esta obra publicouse nos EE.UU. en 1938 e componse de cartas ficticias entre dous amigos propietarios dunha galería de arte. Un deles, Martin, é alemán e volta ao seu país no momento en que o partido nazi chega ao poder mentres que Max é xudeo.

Kressman Taylor consegue expresar moito do que pasou e como a poboación alemá viviu esa época anterior á Segunda Guerra Mundial mediante estas cartas. Malia non chegar ás 70 páxinas e mesmo sendo escrita antes de tódolos horrores que trouxo consigo a guerra considerase este libro coma un dos maiores manifestos contra o nazismo.

Dos arquivos do trasno - Rafael Dieste

Esta é outra escolma de relatos que logrou emocionarme en varias ocasións, arrepiarme nas historias más escuras e que me fixo relexionar, e tamén rir. Nunca antes lera ren desde autor e ten unha forma de se expresar e unha forma de reflectir os sentimentos dos que quere falar que me deixou totalmente marabillada.

En castelán non me adoitan gustar moito as antoloxías de relato en troques que en galego, a lo menos as que lin polo de agora, encántanme. Non sei se a diferenza está na lingua ou é cousa de autores, o que sí sei e que 'Dos arquivos do trasno' é unha obra que queda recomendadísima.


Tríadas: Libros de menos de 150 páxinas [Gal] Tríadas: Libros de menos de 150 páxinas [Gal] Reviewed by Silvia on 15:30 Rating: 5

No hay comentarios:

Con la tecnología de Blogger.