Comezara a notalo había varios meses, coma algo imperceptible que agroma sen saber como na memoria; coidaba que era un síntoma de que estaba a facerse maior, de que quizais chegara a ese momento da vida en que a tentación de volver a vista atrás comeza a ser máis poderosa que o desexo de facer plans de futuro. Ao primeiro non lle dera importancia, mais logo a arela fora medrando ata acabar por converterse nunha obsesión.
[96] O único que queda é o amor (Agustín Fernández Paz)
Reviewed by Silvia
on
16:35
Rating:
No hay comentarios: