Os mortos daquel verán - Carlos Casares

Título orixinal: Os mortos daquel verán
Ano: 1987
Editorial: Galaxia
Tradutor: --
Páxinas: 138
Ficha en Goodreads | Ver en Amazon

Os mortos daquel verán é unha novela curta, de menos de 150 páxinas, publicada por Carlos Casares en 1987. Está composta  por varios informes sobre a investigación que se abre cando un home da vila comeza a dicir que o boticario Ernesto Vilariño Dacal, atopado morto ao comezo da Guerra Civil, non morrera de accidente como se dixo senon  que fora asasinado..


O certo é que Os moros daquel verán recordoume tanto a Réquiem por un campesino español, polo tema que trata, como a Crónica de una muerte anunciada, pola forma en que o fai.

O lector le só os informes enviados por un funcionario descoñecido aos seus superiores nos que relata as distintas entrevistas do dito funcionario coas persoas relacionadas en maior ou menor medida coa súa investigación. Entre esas persoas atopamos versións moi diferentes e case contraditorias nalgúns casos, máis non é difícil averiguar cales son as causas destas diferenzas a medida que vai avanzando o libro.

Canto máis lemos máis imos coñecendo a historia da vila e os distintos enfrontamentos que houbo nos últimos anos: altercados en procesións, actos vandálicos na igrexa, supostas milagres, maltratos por parte do patrón aos obreiros da súa fábrica… A investigación, malia o que poida parecer, non se centra en se son certas as acusacións de que o boticario atopado morto foi asasinado ou non, senón no home que anda a extender este rumor pola vila e o seu comportamento en cada unha destas situacións.

O feito de que o libro enteiro esté composto polos escritos do funcionario fai que a linguaxe empregada sexa moi especial. Carlos Casares consegue no lector a sensación de estar lendo documentos xurídicos malia que non emprega verbas propias da xerga. Por isto a letura pode resultar un pouco difícil se non se le con atención, sobre todo ao principio do libro cando o lector aínda non está afeito ao estilo.

A pesar disto, Os mortos daquel verán é un libro que se le de forma áxil e que mantén o interese do lector en todo momento. É unha novela que xoga coa liña entre a verdade e a mentira xa que non se sabe a ciencia certa cal é a realidade soterrada entre tanta versión malia que non é difícil chegar a unha conclusión sobre o máis básico.

Un libro que recomendo.

Os mortos daquel verán - Carlos Casares Os mortos daquel verán - Carlos Casares Reviewed by Silvia on 12:00 Rating: 5

11 comentarios:

  1. Bos días!!!!
    Fai moito tempo, por aqueles anos de colexio e instituto, recordo que lín algún libro de Carlos Casares. Teño que recoñecer que cos novos autores galegos, a literatura mási "clásica" téñoa totalmente esquecida!
    Grazas por esta entrada!!!
    Un bico!
    Yoli - http://mividapor1libro.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
  2. jejej
    Bueno... no me he enterado mucho pero me ha molado leerte en gallego!! ;)

    ResponderEliminar
  3. Puede ser una lectura interesante y buena, lo tendré en cuenta.
    Un beso

    ResponderEliminar
  4. Hola! Más o menos te he entendido todo lo que has dicho sobre este libro, jejeje. La verdad es que me ha encantado leerte :)
    El libro tiene muy buena pinta y tiene una trama muy interesante, así que muchas gracias por traerlo a tu blog.
    Besos!

    ResponderEliminar
  5. ¡Hola!
    Lo primero ¡Feliz día de las letras gallegas! Pero a mí me vas a perdonar pues aunque vivo en Galicia, no hací aquí y entiendo perfectamente el gallego hablado y escrito e incluso lo chapurreo pero como no me veo capaz de escribirlo correctamente prefiero comentarte en castellano que lo domino más.
    Cuando llegué no sabía lo que significaba este día y poco a poco me va gustando cada día más, el primero libro que leí en galego fue O Principiño y me encantó. Me apuntaré éste y otros más para seguir aprendiendo esta lengua tan dulce.
    Besos
    -------DiarioDeUnaChickaLit.Blogspot.Com---------

    ResponderEliminar
  6. Ha sido leer Guerra Civil y decir, éste es pa' mí. Creo que he entendido bien lo que dices, y creo que me va a gustar. No sé si estará en castellano, pero voy a bichear ...

    bsos!

    ResponderEliminar
  7. Felices letras gallegas (oh si, festivo, toma, esto me lo gano por trabajar en Galicia). Se ve una obra interesante, hay mucho escritor en gallego interesante. Un abrazo^^

    ResponderEliminar
  8. ¡Hola! ^^
    Leyendo la sinopsis no me atrae mucho este libro. Si la historia es a base de informes, no creo que me fuese a gustar. Pensaba que el gallego era más difícil, y he entendido la mayoría de cosas xD

    Besos!

    ResponderEliminar
  9. Holaa No se si es un libro para mi, aunque entendí la mitad lo admito jajajaja
    Un beso enorme!

    ResponderEliminar
  10. Hola!
    Que grata sorpresa al ver que hiciste la entrada en portugués y me intimide porque quería dejarte mi comentario en ese idioma para practicar un poco pero me arrepentí, será para la próxima ocasión.
    Es la primera vez que escucho sobre esta historia pero se ve interesante, no descarto darle una oportunidad.
    Gracias por darnos tu opinión.
    Besos

    ResponderEliminar
  11. ¡Hola!
    Me encanto esta reseña, muy buen metodo para aprender, y entendi la mayoria asi que creo que solo me falta aprender a escribirlo JAJAJA, respecto al libro, no es la clase de historia que me apetece en este momento.

    ¡Nos leemos! :3

    ResponderEliminar

Con la tecnología de Blogger.