Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial - María Xosé Queizán

Título orixinal: Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial
Ano: 2010
Editorial: Xerais
Tradutor: --
Páxinas: 154
Ficha en Goodreads | Ver en Amazon

Neste ensaio María Xosé Queizán repasa as circunstancias da vida da muller que, sendo só unha rapaza, escribiu unha novela abraiante pola que non pasa o tempo: Frankenstein.

Mary Shelley tivo unha vida moi interesante e chea de emocións, moitas delas tristes. A súa nai morreu dez días despois do seu nacemento por complicacións do parto e a pequena Mary sempre adorou a figura de Mary Wollstonecraft, unha das primeiras feministas. Tamén sabemos das súas vivencias ata coñecer a Percy Shelley, o seu grande amor, e a vida que tivo con el e o seu círculo de amizades.

Se queredes saber algo máis da súa vida, aquí deixo unha entrada sobre ela que publiquei en castelán fai un tempo.

Namentres María Xosé Queizán conta a vida desta autora, vai facendo pequenas paradas onde explica vivencias, lugares ou persoas que acabarían, aínda sen sabelo, inspirando a Mary na súa primeira e máis coñecida novela. Así coñecemos un pouco a algúns científicos a cuxos estudos Mary tiña acceso na época na que escribiu Frankenstein ou a outros escritores cos que tiña relación.

O ensaio céntrase na vida anterior a publicación da novela e nos aspectos que a inspiraron. Todo o posterior relátase en breves capítulos que non fan máis que dar unidade ao conxunto. Tamén compre dicir que María Xosé Queizán mestura o ensaio máis puro, chegando inclusive a dirixirse ao lector, con parágrafos novelados como o que da comezo á obra.

A min fascíname Mary Shelley e tódolos avances que se viviron no século en que lle tocou vivir así que a obra gustoume moito. Non esperaba que María Xosé Queizán se afastase tantas veces da muller que da nome ao ensaio, mais gustoume que así fosa xa que os datos sobre científicos ou outras persoas que influiron nela ou no seu tempo, como Napoleón, fixeronme o libro aínda máis interesante.


Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial - María Xosé Queizán Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial - María Xosé Queizán Reviewed by Silvia on 14:00 Rating: 5

6 comentarios:

  1. Hola. un ensaio que hai que ter en conta para futuras lecturas. Seguimos en contacto

    ResponderEliminar
  2. ¡Ola!
    Lin o libro de Frankenstein na universidade. Gustoum tanto que non descarto ler tamén este para afondar un pouco máis na vida da autora.
    Grazas pola reseña.
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Ola!
    Non o coñecía e a verdade non sei si acabaría de disfrutalo
    pois non e o que acostumo a leer.
    Un biquiño.

    ResponderEliminar
  4. No conocía este ensayo la verdad, yo creo que me gustaría.
    Un beso!

    ResponderEliminar
  5. ¡Hola! de momento no me llama demasiado así que de momento lo dejo pasar.
    Un beso.

    ResponderEliminar
  6. ¡Hola!
    No conocía este libro, pero en principio tampoco me llama mucho, y con la de pendientes que tengo, lo dejaré pasar de momento.
    Un besote =)

    ResponderEliminar

Con la tecnología de Blogger.